Ir al contenido principal

As vertentes e os Rios da Peninsula Iberica. Tema 2. 6to, Ciencias Sociais

Tamega ao paso por Verin

  1.  Que é unha Conca ou Bacia e unha Vertente?
    1. Conca fluvial o Bacia hidrográfica: É a extension ou superficie de terra por onde discorre e flue un rio principal e os seus afluentes. O relevo favorece lugares de confluencia das aguas, normalmente proveniente das chuvias xerando rios ou riachos, nascentes provenientes do subsolo e outro tipo fontes como corgas, torrentes, regatos, etc. Ese conxunto de aguas confluen nunha unica corrente principal que vai dar nun mar ou oceano determinado.
      Bacia do Minho-Sil
    2. Vertente:
      O conxunto de bacias ou concas que desaugan no mesmo mar é o que denominamos vertente hidrográfica.

  2. Cantas vertentes hai na Península Ibérica?
    Na Península Ibérica, onde se encontra a España, hai tres mares ou oceanos, e portanto, tres lugares onde desaugan os seus rios. Eses mares ou oceanos son: o Cantábrico, o Atlántico e o Mediterráneo que se corresponden coas tres vertentes analogas: a Vertente Cantábrica, a Vertente Atlática e a Vertente Mediterránea.
    A vertente Cantabrica

    É aquela por onde discorren os rios que van desaguar no Mar Cantábrico, situado ao Norte da Península.
      • Rios da Vertente Cantabrica
        1. Caracteristicas dos rios da Vertente Cantabrica
          • Curtos de tamaño, porque as montañas onde nacen, isto é, a Cordilleira Cantabrica, esta perto do mar e portanto o camiño a percorrer desde o seu nacimento ate a sua foz e pouco.
          • O seu leito (ou caudal) é abundante porque esta rexión és una zona de moita chuvia durante todo o ano.
          • O seu leito varia pouco ou non varia, isto significa que o seu leito (ou cauce) é regular.
          • A velocidade do rio es grande porque hai moita pendente desde a montaña ate o mar.
          • Limites: Inclue os rios desde o Pais Basco ate o norte de Galiza, pasando por Cantabria e Asturias.
        1. Os Rios
        • No Pais Basco:
          • Bidasoa
          • Deba
          • Nerbion
        • En Cantabria
          • Asón
          • Besaya
          • Deva
          • Pas
          • Saja
        • En Asturias
          • Sella
          • Nalón
          • Narcea
          • Navia
        • En Galiza
          • Rio Eo ou Eu
          • Masma
          • Ouro
          • Landro
          • Sor
          • Mera

A vertente Atlantica
    É aquela por onde discorren os rios que van desaguar no Oceano Atlantico, situado para o Oeste da Península.
      • Rios da Vertente Atlantica
        1. Rios de Galiza:
          • Caracteristicas:
            • Rios Curtos en xeral ainda que hai alguns de maior tamaño que os cantabricos ainda que menor que os da Meseta.
            • Caudal abundante e regular por zona de chuvias todo o ano
              Velocidade media
          • Rios
              1. Xuvia
              2. Eume
              3. Mandeu
              4. Mero
              5. Anllons
              6. Rio Grande
              7. Rio Castro
              8. Xallas
              9. Tambre
              10. Ulla
              11. Umia
              12. Lerez
              13. Verdugo-Oitaven
              14. Miñor
              15. Miño-Sil
              16. Limia
              17. Tamega (Afluente do Douro)

        1. Rios da Meseta
          • Caracteristicas:
            • Limites: Son rios que discorren por Castela-Leon, Estremadura e Castela-Mancha
            • Rios de tamaño grande ocasionado polas grande distancia das montañas onde nacen.
            • O seu leito (ou caudal) é abundante causado pola incorporacion de moitos afluentes cos que se encontran no camiño. Apesar de todo, as altas temperaturas do verao e a falta de chuvias nas zonas por onde discorren estes rios provocan unha baixada do caudal, que apesar de todo continua sendo abundante.
            • A velocidade do rio es lenta ao pasar por zonas chairas sen pendentes da meseta.
          • Rios
            • Douro/Duero
            • Texo/Tajo
            • Guadiana
        1. Rios da Andaluzia atlantica
          • Características
            • Tamaño: Curtos, menos o Guadalquivir que é grande.
            • Reximen irregular causado polas grandes diferencias de temperatura entre o verao e o inverno e polo irregularidade das chuvias.
          • Rios
            • Odiel
            • Tinto
            • Guadalquivir
            • Guadalete
            • Barbate
          • Que pasa coas Canarias?
          Nas Illas Canarias, situadas no Atlantico e portanto dentro da Vertente atlantica, non hai rios, pero hai torrentes, isto son, cursos de auga con caudal rapido e irregular, xeralmente de forte inclinacion debido à existencia de montañas e fruto da accion da chuvia estacional. Despois das grandes chuvadas, os torrentes podem ocacionar cheas ou crecidas subitas e rápidas onde o volume da auga crece repentinamente para diminuir ou desaparecer unha vez cesan as precipitacions.

    A Vertente Mediterranea
    É aquela por onde discorren os rios que van desaguar no Mediterraneo, situado na parte Leste da Península.
      • Rios da Vertente Mediterranea
          • Caracteristicas:
            • Curtos excepto o Ebro
            • Pouco caudalosos porque discorren por territorios de clima mediterraneo de poucas chuvias
            • O seu caudal é irregular, conn maior caudal en epocas chuviosas e menor caudal no verao.
        1. En Andalucia
            • Guadairo
            • Gudalhorce
            • Guadalfeo
            • Andarax
            • Almanzora
        2. En Murcia
            • Segura
        3. En Valencia
            • Segura
            • Xúquer/Jucar
        4. En Cataluña
            • Ebro
            • Llobregat
            • Ter
        5. Que pasa nas Baleares?
          Nas Illas Baleares, situadas no Mediterraneo e portanto dentro da Vertente mediterranea, non hai rios, como nas Canarias, pero hai o que nas illas se chaman “Barrancos”, igual que os torrentes nas Canarias e son, cursos de auga con caudal rapido e irregular, xeralmente de forte inclinacion debido à existencia de montañas e fruto da accion da chuvia estacional. Despois das grandes chuvadas, os torrentes podem ocacionar cheas ou crecidas subitas e rápidas onde o volume da auga crece repentinamente para diminuir ou desaparecer unha vez cesan as precipitacions.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Os figuras ou recursos literarios. 6to. Galego. 2 de abril

 

5° Curso: Castellano. Los Adjetivos. Concordancia. Tipos de Adjetivos. Grados

El adjetivo Algunas palabras nos dicen como son o como están las personas, los animales o los objetos. Estas palabras son adjetivos. Por ejemplo: Perro flaco, Gato cariños o Galleta rica Concordancia Los adjetivos deben ir en el mismo genero y con el mismo numero que el sustantivo al que acompa ñ an. Concuerdan, por lo tanto en género y numero... Ejemplos: Género: El perro flaco. La perra flaca Numero: Los perros flacos. Las perras flacas Tipos de Adjetivos: Generalmente, los adjetivos que van delante del sustantivo tienen un valor explicativo. Suelen ser adjetivos que explican la cualidad del sustantivo. P or ejemplo: La llanura, que es fertil, esta llena de flores. El n i ñ o, que es estudioso, salio al recreo. Ese “que es fertil” nos explica como es la llanura . Igual que el “que es estudioso” nos explica como es el niño... Si lo substituímos por el adjetivo corres pondiente, nos sale la frase siguiente: La llanura fertil

Palabras primitivas e palabras derivadas. Galego. 5to. 2 de abril.