Ir al contenido principal

Ciencias Sociais. A publicidade. 6to. 27 de Abril


  1. Que é a publicidade?



A publicidade é unha comunicación vinculada ao mercado que emprega unha mensaxe non persoal patrocinada por unha empresa para promocionar ou vender un produto, servizo ou idea.

Na publicidade, o anuncio publicitado é pagado pola empresa que o elabora e que é quen ten o control sobre a mensaxe. Este non está dirixido a unha persoa en particular, se non ao colectivo e transmitido por varios medios de comunicacion, incluídos os periódicos, revistas, televisión, radio, correo directo, correo electrónico, blogues, redes sociais, sitios web ou mensaxes de texto.

O seu fin é animar ao consumo dun produto determinado ou dun servizo pero tamén está concebido para educar ou informar à poboación sobre usos, costumes, ou comportamentos adecuados e correctos en determinados momentos. Este tipo de publicidade educativa é a usada polas institucións gubernativas ou administrativas.



  1. Estratexias publicitarias


O fin da publicidade é conseguir un efecto determinado no consumir, para que coñeza e consuma o produto publicitado. Para que chegue aos sentidos dos consumidores precisan os publicistas de diferentes técnicas que faciliten a atención dos destinatarios. Entre estas, están as seguintes:

Destacar a marca: Canto mais notoriedade teña a empresa, canto mais evidente sexa o nome desta canto mais coñecido sexa, maior incidencia na memoria do consumidor e portanto mais e mellor coñecido será o produto. Por exemplo: todo o mundo sabe o que és unha Magefesa. Non a chamamos unha ola a presión, ola express ou cazola a vapor. Sabemos o nome da empresa e vamos a comprar unha Magefesa, non outra cazola a vapor….

Buscar os lugares adecuados para publicitar: Isto inclúe levar o anuncio a medios onde se transmita a mensaxe benn e chegue ao maior numero de consumidores. Os medios de comunicación audiovisual son os mellores

Posteriormente hai unha serie de técnicas que se aplican sempre para chamar a atención:

  • Repetición: A mensaxe ten que ser repetitiva. Insistir sobre a bondade do produto e poder ser vista ou ouvida moitas veces.
  • Exaxeración: A mensaxe ten que esaxerar as cualidades do producto baseandose na dramatización.
  • Asociación: A mensaxe ten que relacionar o produto con algo ou alguen atractivo, coñecido e que gostemos. Se o produto é anunciado por un personaxe famoso ou se é feito nun lugar que gostemos, cunha cancion na moda ou con algo que nos emocione sempre será mais aceptada. O humor, os bons sentimentos, a beleza, son elementos cos que se pode asociar a publicidade efectiva.
  • Ofertas: A publicidade ten que ofrecer vantaxes sobre o resto dos produtos de outras empresas. Se o que eu anuncio é mais barato que a das outras empresas será un atractivo para o consumidor, pero tamen hai que ofrecer sinceridade, garantia de bo funcionamento, oportunidade do produto (non se pode facer propaganda dun viaxe cando estamos confinados na casa, por exemplo...)


Nese anuncio reunimos varias das cualidades: A asociacion coas vacacions, que es algo do que todos gostamos; a exaxeración, humor, relacionamos o produto con diversion, etc...


  1. A Mensaxe publicitaria

Como todo acto de comunicacion debe haber o seguinte:

  • Emisor: A empresa ou institución. As mensaxes publicitarias son elaboradas polo departamento de publicidade que pode haber en toda empresa ou en caso de non habelas ou de querer contar coa axuda de profisionais podemos encontrar nas Axencias de Publicidade.
  • Receptor: É o consumidor. Non é o mesmo facer unha propaganda de xoguetes para nenos que unha propaganda de coches para adultos, que unha ofrecendo servizos aos xubilados. En cada caso a linguaxe e a forma de comunicar debe ser diferente.
  • Mensaxe: É a propaganda en si mesmo, con un slogan que teña facil chegada. O Slogan debe ser curto, facil de entender, que resuma todo e se pode ser divertido.
  • Canal: É o medio de difusión que podem ser:
    • Escrito: Xornais, revistas, folletos,
    • Audiovisuais: cine, radio, televisión, etc
    • Internet
    • Publicidade urbana: cartaces nas paredes, en vehiculos,, anuncios luminosos,
  • Codigo: Pode ser por medio dun idioma pero incluso pode ser so xestual,


En este vello anuncio vemos o emisor (a empresa chamada AGNI), o receptor (o publico en xeral para pasar o inverno), a mensaxe (compra unha estufa para o frio) conmslogan incluído (Moraleja: compra unha agni y tira la vieja) onde hai humor e caricatura, o canal (a television)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Os figuras ou recursos literarios. 6to. Galego. 2 de abril

 

5° Curso: Castellano. Los Adjetivos. Concordancia. Tipos de Adjetivos. Grados

El adjetivo Algunas palabras nos dicen como son o como están las personas, los animales o los objetos. Estas palabras son adjetivos. Por ejemplo: Perro flaco, Gato cariños o Galleta rica Concordancia Los adjetivos deben ir en el mismo genero y con el mismo numero que el sustantivo al que acompa ñ an. Concuerdan, por lo tanto en género y numero... Ejemplos: Género: El perro flaco. La perra flaca Numero: Los perros flacos. Las perras flacas Tipos de Adjetivos: Generalmente, los adjetivos que van delante del sustantivo tienen un valor explicativo. Suelen ser adjetivos que explican la cualidad del sustantivo. P or ejemplo: La llanura, que es fertil, esta llena de flores. El n i ñ o, que es estudioso, salio al recreo. Ese “que es fertil” nos explica como es la llanura . Igual que el “que es estudioso” nos explica como es el niño... Si lo substituímos por el adjetivo corres pondiente, nos sale la frase siguiente: La llanura fertil

Palabras primitivas e palabras derivadas. Galego. 5to. 2 de abril.